_

_

domingo, 6 de marzo de 2016

Proxecto do Corpo.

Esta semana, os nenos e nenas da clase das Rás comezamos o Proxecto do Corpo.
Despois de falar moooiiitooooo de qué era eso do corpo, qué sabíamos, as súas partes...comezamos facendo preguntas para investigar na aula coa profe María e tamén con axuda das nosas familias.
Un dos aspectos que máis nos chama a atención é cómo nacen os nenos/as?...sobre todo a Julia, que está esperando ansiosa a verlle a cariña a súa irmá.





Así que decidimos empezar a nosa investigación pedindo axuda os papis para que nos contaran  qué día nacemos, o peso e a estatura, así como una foto de cando bebés. Con estos datos imos traballar sobre todo Lóxica-matemática: o número do día de nacemento, pesaremos construccións ata chegar ó noso peso de bebé, mediremos a estatura e a compararemos cun lazo... Grazas familias pola colaboración!

 
 Aquí tedes as nosas canción preferidas sobre o corpo.
 
 




Contacontos na Biblioteca do Centro Cívico.

O martes fixemos una actividade especial: fomos á biblioteca do Centro Cívico a escoitar un contacontos.
Xa fai uns días, pola nosa aula apareceran Carapuchiña e o lobo para taernos unhas invitacións, pero non sabíamos o día, o sexa que foi toda unha sorpresa.







 

Así que ese día saímos cara o bus moi ilusionados e con gañas de escoitar moitos contos.
 






 


 Pasámolo moi ben cos contos do "Capitán Monstruíto" e a súa nai.
 
 
 
Ata a profe Aida tivo que facer un papeliño no conto dos osiños.
 
Aínda non baixáramos do bus diante do cole, cando lle preguntamos á profe: María, cando volvemos á Biblio?
 
 

jueves, 3 de marzo de 2016

Todos iguais e todos diferentes.

Nunha actividade organizada polos Servizos Sociais do Concello,viñeron visitarnos as "Doutoras Diversitas". Contáronnos, con láminas e xogos, que todos e todas somos diferentes pero que, o mesmo tempo, todos somos iguais: iso se chama DIVERSIDADE. Aínda que é un concepto un pouco difícil de entender, pronto nos dimos conta de que, efectivamente, cambiaba a nosa cor de pelo, a altura, o tamaño, os ollos, o tipo de familia...pero que todos e todas temos que xogar e traballar xuntos/as sen preocuparnos das nosas diferenzas.



Pasámolo moi ben na actividade e, o que máis nos gustou de todo, foi que as doutoras nos deixaron un carnet de "Diversito" para pegar no álbum no que nos debuxamos e escribimos o noso nome. A que quedaron chulos?

miércoles, 2 de marzo de 2016

O Día de San Valentín.

En Febreiro, aproveitando o Día de San Valentín, fixemos una actividade para fomentar o compañerismo entre os nenos e nenas da clase das Rás.
Estampamos un corazón con pintura dourada e a profe María o recortou cunha tesoira de picos. Despois nos axudou a colocar una piruleta cun laciño e...listo! Quedaron moi chulos!
Despois metimos todos os agasallos nun cesto e, un a un, recollimos una piruleta de outro/a compañeiro/a. Ás veces cóstanos un pouco compartir, pero ese día estábamos moi contentos co noso "agasallo de San Valentín".

 


Visitamos o Museo de Belas Artes.

A nosa primeira saída no "cole dos maiores" foi o Museo de Belas artes na Coruña.
Días antes, investigamos coa profe María qué era un museo, qué podíamos ver nel e cales eran as normas para a visita.
O día da visitea estábmos bastante nerviosos/as. A algún non nos facía demasiada gracia subir no bus, e outros/as tiñamos medo a "perdernos" por Coruña. Entre os que nos avisaron as familias na casa e o que nos avisaron as profes...non as tíñamos todas con nós.


Unha vez alí, todo foi moito máis sinxelo. Poidemos ver varias estatuas. A que máis nos fustou foi a dun xigante moi alto feito de madeira. Tamén paseamos polas salas vendo cadros. Neles a profe do museo nos fixo buscar cores, paisaxes...e ata algún nos vestimos de pintores para aprender os utensilios que se precisan para pintar un cadro.


Un dos cadros que máis nos gustou foi " As Mariscadoras" de Lugrís. A profe do museo nos diu una copia para que a colorearamos e a trouxemos para a clase para pegar no noso álbum.


Non esta mal esto de visitar museos!!!

E chegou o segundo trimestre...cargadiño de proxectos!!!

E con él un montón de proxectos novos na clase das Rás!!!
Comezamos  Xaneiro falando dos xoguetes, dos agasallos de Nadal, dos nosos xogos favoritos...e fixemos na clase un xoguete con unha bola, un cd vello e un montón de pegatinas. Imaxinades que xoguete construímos?...unha buxaina!!!
Encántanos xogar con elas na clase e nos corredores da escola, e estamos desexando levalas para a casa.
Tamén fixemos un proxecto sobre China. Aproveitando que en todos os niveis do nos centro estamos a realizar o proxecto da biblioteca " Descubrindo outros mundos", os nenos/as de Educación Infantil investigamos sobre Oriente e en concreto, os nenos/as de 3 anos, investigamos sobre a China.
Foi un pouquiño complicado traballar este tema, e aínda non rematamos, porque a varicela decidiu vir estragarnos a festa...pero aprendimos moitas cousas interesantes: a comida, que lles gosta beber, monumentos, a bandeira...gustounos tanto o proxecto que aínda a estas alturas seguimos traballando cousas da China.


 
O día 30 de Xaneiro tamén festexamos o Día da Paz. Despois de falar mooooitoooo sobre que era iso da Paz, chegamos a conclusión, con 3 aniños, que a Paz e vivir sen facerlle mal os outros. Como en moitas oscaións pedimos colaboración as familias para decorar unha pinza de madeira onde colocar a nosa mensaxe de Paz. Un a un, foron escribindo as súas primeiras letras e moi orgullosos as levamos ó patio de 4 anos, onde as colocamos nuns tendais co resto das mensaxes de todos os nenos e nenas do colexio.







 

Encantounos a actividade e, pasados uns días nas que quedaron expostas , volvemos para escoller a mensaxe que máis nos gostaba doutros nenos e nenas do cole para levalas para a casa.


E chegou o Entroido...e por suposto o noso disfraz tiña que ser de chineses e chinesas!
Comezamos facendolle caso as indicacións que nos daba o Meco, que este ano era unha unha Meca a que lle chamábamos Maribel jejeje Temos que dar as grazas as nosas familias que nos axudaron moito a cumplir os seus mandados. Algo na cabeza, con cousas de bebé, de mandil...divertímonos moito vendo como chegábamos a escola.


E chegou o gran día, o día no que lle íamos ensinar os nosos papás, mamás, avoas, madriñas...que bonitos quedaran os nosos disfraces. Trouxemos de casa complementos para o disfraz e viñemos maquillados da casa. a profe nos foi vestindo e retocando un a un e...listos para o desfile!!! A verdade e que nos portamos moi moi ben no paseo e, o chegar a escola cantamos a canción que levábamos uns días ensaiando "Chinito del alma" con coreografía e todo!
 



Así de guapos e guapas estábamos cos nosos disfraces!

Un primeiro trimestre moi atareado.

Xa acabado o período de Adaptación, e perfectamente adaptados/as, no primeiro trimestre disfrutamos dun montón de actividades no cole.
Traballamos o medo no Samaín, a través de contos, cancións, receitas monstruosas, imaxes...perdímoslle o medo ó medo.
 
 


Tamén no outono traballamos con follas secas, aprendimos nomes de froitos do tempo...e festexamos o Magosto que é a festa das castañas.





E chegou o Nadal...Na clase das Rás fixemos un montón de manualidades para adornar as nosas casas nestas festas. Isto nos serviu para traballar moito a nosa motricidade fina: picar, colorear, coller o pincel para pintar con témpera...Fíxonos moita ilusión levar a nosa Caixa do Nadal chea de tantas cousas feitas coas nosas manciñas...

 
 
E visitáronnos os Reis Magos!!! Nós xa levávamos días preparando as cartas  coas nosas peticións. Por primeira vez a profe María deixóunos ...una tesoira de maiores!!! e con ela recortamos de varios catálogos os xoguetes que queríamos pegar na nosa carta. O día da visita puxémonos un pouco nerviosos, pero portámonos moi ben para que as maxestades viran que somos uns nenos e nenas moi bos.
Rematamos este primeiro trimestre no "cole dos maiores" cantando para os nosos compañeiros/as de Educación Infantil e primeiro ciclo de Primaria, a panxoliña "El árbol de Navidad" Para preparar a nosa actuación ensaiamos moito na clase e cos compañeiros/as de 5 anos da Clase dos Mouchos que a cantaron con nós. tamén fixemos uns sombreiros moi chulos que tiñan forma de árbore de Nadal. A grabación non saiu moi ben, pero a profe María prometeu editala cando teña un chiquiño de tempo  para mostrarvos que ben nos saliu.